lunes, 28 de febrero de 2011

CHEGA O ENTROIDO -


O RITO DA FESTA

En Galicia o Entroido celébrase semella que desde sempre. Manifestacións do máis fondo da tradición perviven hoxe en día no máis profundo de Ourense e en algunha zona de Lugo. Laza, Xinzo, Verín, Vilaúxe... seguen a celebrar o entroido como se facía hai varios séculos, aínda que con máis turistas cada ano, e mesturando a tradición coa innovación.
Ritos de grupo cos que aínda hoxe rompen a cabeza os antropólogos buscándolles unha orixe e un significado: os personaxes enmascarados e adornados coma os cigarróns, as pantallas, os distintos peliqueiros... personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres. Onda eles, animais coma a vaca, o burro ou o galo, reais ou simulados simbolizan o entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.

Os disfraces, dentro do limitado dos medios, veñen sendo no noso rural do máis variado desde sempre. Homes vestidos de mulleres e mulleres disfracadas de homes, curas e monxas e que non tiña disfraz, puña a roupa do revés, simbolizando esa volta do mundo do revés. O mancharse, gastar bormas, rirse de todos e de todos... o único prohibido é non participar e enfadarse. Discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas fan repaso, en clave satírica de todo o acontecido no ano, ríndose de todos os veciños e institucións.
www.culturagalega.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario