
Orellas
Ingredientes:
- 1 ovo enteiro
- 2 xemas e 2 claras montadas
- 1 vaso de leite
- medio quilo de fariña
- 100 g de azucre
- 50 g de manteiga fundida
- unhas pingas de anís
- a rela dun limón
Elaboración:
Mestura todos os ingredientes nun recipiente ata conseguir unha pasta compacta que non se pegue nas mans. Tápaa e déixaa repousar unha hora. Despois colócaa nunha superficie con fariña e estira a masa o máximo posible, intentando que quede unha masa moi finiña. Córtaa en forma triangular ou de orella de porco e bótaa nunha tixola con abundante aceite quente (se é posible, de oliva). Cando estean douradas é que xa están listas. Retíraas a unha fonte e bótalle azucre por riba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario